Grande éxito de crítica e público na ESTRENA DO NOVO MUSICAL VIVE

Un ano máis o teatro musical chega a Arteixo da mán do alumnado de 1º e 2º de Bacharelato do IES Manuel Murguía. O pasado venres, 15 de outubro de 2021, realizamos, con grande éxito de crítica e público, a estrea mundial do noso último musical: "VIVE".

Debido ás especiais circunstancias do curso pasado non foi posible estrear o espectáculo en vivo, como ven sendo habitual nos últimos anos. Nesta ocasión, adaptamos a produción do musical ao formato de película musical para poder disfrutalo. A alfombra vermella desplegouse no Pabellón do Concello de Arteixo para recibir tanto ao público como aos artistas e ao equipo de produción na grande estrea da proxección de "VIVE".

Desde aquí queremos agradecer ao Concello de Arteixo o seu grande apoio e amabilidade ao prestarnos o Pabellón do Concello, así coma os medios necesarios, para facer realidade a proxección do noso novo espectáculo.

As máis de 400 persoas que puideron asistir como público desfrutaron durante case dúas horas da música, a arte e o baile interpretados polo alumnado. A continuación amosámosvos algunhas fotos do evento, que se suma xa á larga carreira musical do noso centro.

Toda a recadación do evento irá destinada en beneficio do Banco de Alimentos Rías Altas da Provincia de A Coruña.

Os nosos parabés e o meirande dos agradecementos a todo o alumnado, profesorado, nais, pais e institucións que fixeron posible esta nova creación. Esperamos seguir traballando xuntos coas mesmas gañas para sacar adiante o novo proxecto musical que xa estamos a producir para este curso.








 


 


¡Vémonos na estrea do próximo musical!


Ningún comentario:

Publicar un comentario