Y ESTE CURSO...

Nos introducimos en la movida madrileña, los 80, una época que revolucionó España y que nos trajo un montón de temas para el recuerdo.




De la mano de Mecano y su musical Hoy no me puedo levantar volveremos a vivir una época gloriosa para la música española, ¿Te animas?


Toda a recadación do musical en beneficio do Banco de Alimentos da Coruña

 Tras o grande éxito de crítica e público na ESTREA DO NOVO MUSICAL VIVE o pasado 15 de outubro de 2021, toda a recadación acadada será destinada en beneficio do Banco de Alimentos Ríal Altas da provincia de A Coruña.

Entre o público asistente e a recadación da "fila 0", acadouse unha cantidade de  700 euros que serán entregados ao Banco de Alimentos nun próximo acto do que os manteremos informados neste mesmo blog.

  

 

Grande éxito de crítica e público na ESTRENA DO NOVO MUSICAL VIVE

Un ano máis o teatro musical chega a Arteixo da mán do alumnado de 1º e 2º de Bacharelato do IES Manuel Murguía. O pasado venres, 15 de outubro de 2021, realizamos, con grande éxito de crítica e público, a estrea mundial do noso último musical: "VIVE".

Debido ás especiais circunstancias do curso pasado non foi posible estrear o espectáculo en vivo, como ven sendo habitual nos últimos anos. Nesta ocasión, adaptamos a produción do musical ao formato de película musical para poder disfrutalo. A alfombra vermella desplegouse no Pabellón do Concello de Arteixo para recibir tanto ao público como aos artistas e ao equipo de produción na grande estrea da proxección de "VIVE".

Desde aquí queremos agradecer ao Concello de Arteixo o seu grande apoio e amabilidade ao prestarnos o Pabellón do Concello, así coma os medios necesarios, para facer realidade a proxección do noso novo espectáculo.

As máis de 400 persoas que puideron asistir como público desfrutaron durante case dúas horas da música, a arte e o baile interpretados polo alumnado. A continuación amosámosvos algunhas fotos do evento, que se suma xa á larga carreira musical do noso centro.

Toda a recadación do evento irá destinada en beneficio do Banco de Alimentos Rías Altas da Provincia de A Coruña.

Os nosos parabés e o meirande dos agradecementos a todo o alumnado, profesorado, nais, pais e institucións que fixeron posible esta nova creación. Esperamos seguir traballando xuntos coas mesmas gañas para sacar adiante o novo proxecto musical que xa estamos a producir para este curso.








 


 


¡Vémonos na estrea do próximo musical!


PRÓXIMO ESTRENO MUSICAL VIVE

O VENRES, 15 DE OUTUBRO DE 2021

PRESENTACIÓN DO NOVO PROXECTO MUSICAL.