Formación do profesorado

 Ao redor dos musicais producidos no centro, artéllanse distintos proxectos multidisciplinares destinados tanto ao noso alumnado como ao noso profesorado. Dentro destes últimos atópanse os proxectos desenvolvidos dentro do Plan para a Formación Permanente do Profesorado (tamén chamado PFPP).

Estes proxectos do PFPP buscan actualizar e perfeccionar as competencias profesionais docentes do noso profesorado coa finalidade de acadar a mellora da calidade da educación e dos resultados escolares do alumnado do noso centro, sempre, por suposto, en consonandia coas distintas iniciativas impulsadas en relación co sistema educativo de Galicia.

A continuación podemos ver algún dos proxectos de formación nos que o noso profesorado participou:

Proxectos do CFR A Coruña

  • 2020/21    PFPP O musical dende unha perspectiva innovadora e dixital
  • 2019/20    PFPP O musical como proxecto de aprendizaxe e servizo
  • 2018/19    PFPP Educando a través da música e o cine
  • 2017/18    PFPP A música e o baile, elementos converxentes no musical
                     PFPP A escenografía, eslabón clave no musical
  • 2016/17    Grupo de traballo O musical como instrumento de integración
                      Musical 1938

  • 2015/16    Grupo de traballo O musical, un proxecto por competencias
                     Musical Chicago

    Foto musical ChicagoFoto musical Chicago
  • 2014/15    PFPP Levando a práctica a atención á diversidade
                     Musical Moulin Rouge

    Foto musical Moulin RougeFoto musical Moulin Rouge